A Nosa Historia
O Laracha CF, fundouse no ano 1965 por D. Maximino Canedo Gonzalez (Montesclaros).
Entrou en competición oficial na tempada 65/66 na liga de Arteixo, obtendo un sexto lugar.
Desde entonces, o clube do municipio de A Laracha seguiu crecendo e obtendo resultados moi meritorios. Entre eles cabe destacar:
- Campeón da Liga de Arteixo nas tempadas 66/67, 67/68, 70/71 e 73/74.
- Campeón da Liga na Segunda Rexional Mariñas-Arteixo nas tempadas 83/84 e 85/86.
- Campeón da Liga na Primeira Rexional na tempada 91/92 e tamén logrou o ascenso a Preferente.
- Campeón da Copa de A Coruña nas tempadas 91/92, 99/00, 01/02 e 21/22.
- No ano 96/97 lograron o seu primer ascenso a 3ª División Nacional tras proclamarse campións de Rexional Preferente Grupo Norte.
- A súa tempada máis exitosa foi a do 2005/2006 onde disputaron a fase de ascenso a 2ªB tras quedar terceiros na liga.
Actualmente, O Laracha CF deu un cambio de aires tras a chegada do novo presidente, D. Juan José Fuentes Varela, o cual aterrizou coas máximas gañas posibles de mirar pola xente do pobo.
D. Juan José Fuentes Varela aposta polos nenos do pobo, quéreos formar con xente experimentada, do propio municipio, coa intención de que os rapaces aprendan, se divirtan e nun futuro logren chegar o primeiro equipo.